16 de mayo de 2015

Sempre, dende a neve dos tempos.
Despois dunha boa tempada sin dar sinal ningún de que sigo por estas terras, decidín elixir un día tan especial como hoxe para facelo. Especial non só por ser o Día das Letras Galegas, senón tamén porque hai un ano que tiven a primera reunión que me acercou a Canadá, xunto cos demais becados do norte e un par de visitantes do sur.

Xa que volvo por aquí, vou falar un pouquiño dos últimos meses, xa que si alguén le o blog merece saber que os últimos son os mellores da experiencia. Non sei si é polo tempo, onde xa non hai neve senón paxariños e algún que outro raio de sol, ou que xa estamos mais acomodados, ou quizais que ao estar a piques de volver comezamos a darnos conta de todo o vamos botar de menos; quizais un pouquiño de todo.

A comezos de abril aínda estábamos cubertos de neve, con mais dun metro, non tiñamos sinal ningún da primavera. Pouquiño a pouco foi derritindo, e mentres meus pais levánronme disfrutar dunha das últimas actividades de inverno, e sen duda, dalgo moi canadense: un partido de curling. O Mundial masculino foi na capital da miña provincia, e a verdade é que mereceu a pena xa que é moi distinto a velo por televisón. A mediados de mes tivemos a sorte de visitar una "fábrica" de xirope de arce, puidemos comer alí e incluso fixemos un experimento tan simpático como saboroso: verter xirope quente na neve e despois enrolalo nun pau coma se fose unha piruleta, non sei como soará para vós pero.. ¡estaba boísimo! O máis destacable do final do mes é que volvín a comer tortilla de patacas, ao mellor mentres estades en España non vos parece nada o suficientemente importante como para mencionar aquí, pero creédeme se vos digo que despois de 8 meses lonxe do noso paraíso gastronómico calquera cousa que nos recorde a el merece a pena ser mencionada; o dito, Jesús e mais eu xuntámonos unha tarde cando recibiu un paquete dos seus pais, e tivemos unha cea que soubo bastante á casa.

Maio comezou coa boa noticia da herba verde no mesmo sitio onde uns días antes só podíamos ver o mesmo manto branco dos meses anteriores. Como vos podedes imaxinar, eso anima a calquera, así que ese domingo fumos facer un pouquiño de turismo para retomar os bos costumes; nesta ocasión visitamos Chester, un pobo mariñeiro pequeniño pero xeitoso, non moi lonxe do meu. O mellor do día foi o restaurante ó que fumos para "cear" (ás 4:30 da tarde), ¡había salmón fresco! E esto tamén semella una tontería, mais 8 meses sen peixe non son ninguna broma tendo en conta que o meu pobo, Viveiro, é un pobo costeiro e ten una lonxa bastante importante, o que significa que na miña casa había peixe polo menos 3 veces á semana. E ata a máis carnívora das persoas sente morrer despois de tanto tempo sen nada procedente do mar, ¡a Jesús e mais a min non nos cabía a sonrisa na cara!

 Quen nos ía dicir a nós en setembro que comer peixe ía ser a cousa mais feliz de toda a fin de semana? E quen nos ía decir que despois de 9 meses fóra da casa ía haber momentos onde aínda non nos apetecería volver? Non creo que alguén se atrevese...mais é así. Aínda que nun día como hoxe sexa especialmente dificil a distancia, certo é que pensar nas despedidas, en todo o que non imos ter en España, nas mañás sin Tim Hortons e cervos no xardín, nos días onde o peixe xa non nos vai facer sorrir...pensar en todas esas cousas que nos ensinan algo novo cada día e nos axudan a crecer, e saber que en 40 días imos deixalas atrás, a verdade é que sinxelo non é. Unha mestura de tristeza e desilusión, porque o soño remata, porque o tempo voou entre as nosas mans, dende aquel 17 de maio do ano pasado que pasei en Oviedo cos becados e mais tarde cos meus país ata hoxe, 365 días que se poderían resumir nunhas cantas palabras, nuns cantos sorrisos, nunhas cantas despedidas e benvidas, nun pouquiño de saudade, e sobre todo, moito aprendido.

 Cando xa queda pouquiño para chegar á casa e estar de novo baixo os brazos da familia poido decir, segura, que estou moi orgullosa da miña experiencia. Moi orgullosa da vida que logrei construir aquí, do feliz que fun en pequenos ou grandes boteciños, xa non poido decir que tivese una mala tempada , sempre encontrei cousas que me fixeron sorrir. Estou moi contenta coa persoa que cheguei a ser despois de tanto cambio, e tamén orgullosa da xente que me espera en España e de como me axudaron dende tan lonxe a cambiar e cambiaron conmigo, nunca poderei agradecerllo suficiente. Despois de case 9 meses, estou convencida de que esto non é para calquera, de feito, para min que adoro pasar tempo coa familia, foi moi complicado; mais tamén podo decir que o esforzo de adaptarse merece a pena, que o que se aprende aquí non se poder aprender na casa coa xente e a vida de sempre, e que os recordos que levas contigo son inolvidables e irrepetibles.

E por último, mencionar a data. Que difícil é pasar un 17 de maio tan lonxe de todas as persoas coas que podes compartir o sentimento de ser galego. Que difícil aguantar 9 meses sen dar un paseo pola catedral, comer un platiño de caldo ou de pulpo, ou compartir sobremesas de domingo cos avós. Que difícil vivir sen as tradicións coas que creciches, deixar de comer tarta de Santiago co café e aceptar que non haberá ningunha panadería cunha palmera na esquina, nin uhna libraría como Follas Novas ó final da rúa. Que difícil estar tan lonxe da casa. Porque praias, rúas, empanadas, catedrais, platos, pan, e xente hainos a presas, pero só se son galegos poden ir acompañados da palabra fogar. Como ben dixo Celso Emilio Ferreiro, mais cambiando un pouco os seus termos...


Ti xa me namoraches
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
ti xa me namorabas

Sempre,
dende a neve dos tempos,
ti, na miña ialma.

Eu quérollo dedicar a Galicia e a esas persoas ás que se lles pode chamar fogar, dende moi lonxe nun día especial. ¡Feliz Día das Letras Galegas!
E para rematar, un pedaciño da casa, que si pecho os ollos me leva a Santiago paseando da man do meu pai. Espero que ti e mamá sexades sempre a miña sombra, "en todo estás e ti es todo". Grazas por todos estes meses ó meu carón dende o outro lado do Atlántico.

1 comentario:

  1. No soy gallega pero buenísimo. Me alegro y te felicito por tu experiencia en Canadá.

    ResponderEliminar